O pai e a nai de Hildegart

O pai e a nai de Hildegart
04 de Abril, 2020 - 04:00 h. | Publicada por Radio Fene

A fantasia demente de Aurora ensartou un mundo de espías, ladróns e masoquistas. Todo canto oía, vía ou imaxinaba eran confabulacións para arrebatarlle á súa filla e convertela nunha vítima do espionaxe internacional. Unha criada presenciaba os violentos encontros entre as dúas vítimas de sí mesmas. Unha revista británica publicou un artigo de Havellock Ellis sobre Hildegart. Soamente o título "A virxe roxa" enfureceu á nai. O 8 de xuño de 1933 tomou a resolución de matar á súa filla. Contemplouna cando durmía arredor das oito da mañá. Tomou dun armario un pequeno revolver e lle disparou un tiro no frontal esquerdo, logo, case no mesmo sitio lle disparou outro, logo outro no corazón e un tiro de graza no carril esquerdo.

Rosa Cal, autora de "A mi no me doblega nadie"

Aurora Rodríguez Carballeira a protagonista da última novela de Almudena Grandes “La madre de Frankestein” era de Ferrol. Matou a súa filla en Madrid e foi recluída nun psiquiátrico. Segundo a investigadora Rosa Cal, Hildegart foi produto do proxecto vital profundamente concibido pola súa nai, que desexaba un fillo para utilizalo como redentor dos grupos de poboación máis desfavorecidos pola sociedade.O soño de Aurora foi concibido en 1914 tras un acordo co sacerdote Alberto Pallás. Naceu en decembro do mesmo ano e resultou ser unha muller. Hildegart naceu condicionada a salvar un mundo no que ela será unha vítima total da falta de liberdade.

O pai de Hildegart foi o sacerdote castrense Alberto Pallás Monseny, nacido en Balaguer (Lleida) o 12 de novembro de 1865. Aparece destinado como capelán do Hospital Militar de Ferrol en setembro de 1900. Vai deixar evidencia da súa vena literaria e artística. Escribiu e chegou a estrear no Teatro Xofre o drama reivindicativo Proletarios y burgueses. Recibe duras críticas na prensa local, pero el responde aos ataques o que lle vale lograr amoestacións da xerarquía católica. Solicita a excedencia e marcha a Barcelona onde escribe a monografía El Regionalismo o la bancarrota. Embarcase no cruceiro gardacostas Numancia e retorna a Ferrol en 1912. Morreu en Barcelona o 3 de decembro de 1948.

 

CAL, ROSA. A mi no me doblega nadie. Ediciós do Castro. Sada,1991

Sociedade

Publica o teu comentario agora