O papel cohesionador do cine

O papel cohesionador do cine
14 de Outubro, 2019 - 08:47 h. | Publicada por Radio Fene

A industria cinematográfica busca na actualidade colocar produtos para vender. Por iso non se fan filmes orixinais, son todo precuelas, repeticións e obsesión polos superheroes. O director Peter Bodgdanovich afirma que ese cine non lle gusta. El escribiu un libro sobre John Ford, dirixiu en 1971 “A última sesión” e ven de realizar un documental sobre Buster Keaton.

ESCOITA O PODCAST:
Ramiro Ledo, nos Dúplex Cinema

A última sesión “The last picture show” fala do papel cohesionador do cine, algo que semella querer recuperar o Dúplex Cinema en Ferrol.

Cultura

Publica o teu comentario agora