O papeleo das axudas ás familias, satura ás direccións dos colexios feneses

O papeleo das axudas ás familias, satura ás direccións dos colexios feneses

02 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As direccións dos colexios de Fene amosánse descontentas ante o traballo que implica a recollida das axudas para a compra dos libros de texto. Un traballo administrativo que se engade a todo o que implica o comezo do curso escolar, preparación de horarios, distribución de profesorado, matrículas, exames, toda unha longa lista de actividades para iniciar as clases o xoves, 10 de setembro.

Os directores dos centros de ensino feneses declaránse ateigados de traballo. Os equipos directivos vense desbordados ante a iniciativa da Xunta pola Gratuídade Solidaria. Téñense que facer cargo dun traballo administrativo que consideran que non lles corresponde. Cumplimentar solicitudes, remitir cartas e realizar unha aplicación informática implícalles un esforzo engadido á carreira de fondo que afrontan nestes primeiros días de setembro antes da apertura dos colexios.

Os colexios feneses ultiman os detalles e os preparativos do curso escolar 2009-2010. O centro do Ramo de Barallobre contará con 89 alumnos en total coas altas de dous alumnos, un en primeiro de infantil e outro no de 5 anos. Trece nenos e nenas de 3 anos escolarizánse por primeira vez no Ramo, estrearánse no mundo das mochilas, pinturas, e demais útiles escolares. Non faltarán os choros dos máis pequenos.

O Director do Ramo, César Martínez destacou esta mañá para Radiofusión á non concesión dun logopeda que compartirían co Colexio Os Casais de Maniños. A solicitude remitida á xunta non obtivo resposta polo que os dous centros non contarán cun profesional de apoio para os nenos que necesiten deste tipo de especialista. Amais o Colexio de Barallobre conta con vacantes que non se cubrirán de profesorado de inglés para o ensino infantil. Martínez agarda manter unha xuntanza coa inspección para resolver esta situación.

Algúns pais xa pasaron polo Ramo para solicitar as axudas para os libros, que corresponden a primeiro, segundo, quinto e sexto de primaria ante a medida da goberno autonómico de eliminar o sistema gratuíto de anteriores anos. Os demais cursos continuarán co sistema de préstamo dos manuáis.

O Director dos Casais de Maniños, Álvaro García, subliña o seu desacordo coa Consellaría de Educación de ter que acometer a labor de recollida e entrega de solicitudes da axuda para libros. O colexio, sinalou, conta cun só profesor de relixión que terán que compartir con dous centros de Narón, co que non está moi garantida a impartición desta materia. A todo iso, hai que engadir que dende o ano pasado veñen pedindo un especialista en audición e linguaxe, como os do Ramo, co que terán que acudir ao ámbito privado “ cando a xunta conta con profisionais cualificados nestas tarefas”, sinalou. Os Casais contarán cun alumnado de 80 nenos, incorporándose dez novos escolares.

No Colexio Jorge Juan de Perlío principiarán as clases un número similar de alumnos que o ano pasado, entre 450 e 500 entre infantil, primaria e ESO. Déronse de baixa 5 nenos e incorporánse 15 novos. A Directora do Centro, Mónica Padín, tamén fai mención do traballo extra que supón a formalización das axudas dos manuais de texto. Ata o momento rexistrouse somentes unha solicitude. Tras realizar unha sondaxe entre os pais, e ante a boa resposta da enquisa a Jorge abrirá unha ludoteca para os nenos do centro. Padín explicou como curiosidade que ante a amenaza do Virus da Gripe Porcina, algunhas empresas químicas ofrecen diversos produtos de limpeza, como  luvas, aínda que engade que non hai nengún protocolo ao respecto.

208 nenos están escolarizados no Colexio Centieiras de Perlío para este curso 2009-2010. Están a rexistrar un goteo de solicitudes de axudas polas familias, onte tres e hoxe dúas. A Directora do Centro, Fátima Sánchez, salientou que contan cun neno máis pero con tres profesores menos. Eso sí, a pesares deste atranco “loitarán por manter a calidade de ensino”, asegurou. Reestructurán, e botarán mans de todos pero non van baixar o listón. Segundo Sánchez hoxe anunciabáse unha reunión cos sindicatos e os inspectores, mañá cos directores dos centros de ensino e e o venres coas Anpas para solucionar as deficiencias que haxa antes do comezo do curso. Malia todo Fátima Sánchez afirma, que ela non recibiu nengunha chamada ou aviso para esa reunión.

O Colexio da Xunqueira de San Valentín impartirá clases a 188 nenos de infantil e primaria. Segundo a Xefa de Estudos do Centro, Dolores Yáñez incorporánse 12 pequenos de 3 anos e 5 en primaria. Os da ESO aínda están sen confirmar.
 
Só queda agardar que os colexios abran as súas portas o 10 de setembro e os pequenos volvan a encher as aulas co seu griterío. Feliz curso 2009-2010 a todos!

Sociedade