O Parador de Muxía será cómplice do entorno natural

O Parador de Muxía será cómplice do entorno natural

20 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Un dos proxectos máis ambiciosos e dinámicos que ten por diante a Costa da Morte, e por extensión, Galicia enteira, así é como se presentou o proxecto do Parador de Turismo de Muxía. O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentouno esta mañá no CGAC en Santiago de Compostela, acompañado pola secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, o delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, o subdelegado do Goberno na Cor

Segundo Varela, o proxecto que xa foi entregado a Turespaña para a súa execución plasma o compromiso adquirido desde o desastre do Prestige, enmarcado no chamado Plan Galicia do Goberno central daquel momento. Asemade, o conselleiro lembrou o investimento de 1.200.000 euros para a mellora da Ruta Fisterra-Muxía, dentro do Plan Corrector dos Camiños.

O Parador de Turismo de Muxía será o máis respectuoso posible co entorno físico, respectando o paisaxe e camuflándose gran parte do construído, acadándose así un equilibrio entre as dúas naturezas, a do home e a do paisaxe. O proxecto, que conta cun investimento de 25 millóns de euros, disporá de 80 habitacións, SPA, salóns de usos múltiples, restaurante, cafetería, servizos de uso interno, e un aparcamento interior e outro exterior.

Sociedade