O Parlamento cualifica de “inadmisible e xenófobo” o uso malintencionado do xentilicio “galego”

O Parlamento cualifica de “inadmisible e xenófobo” o uso malintencionado do xentilicio “galego”

09 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

“Os prexuízos xenófobos susténtanse nun pensamento feble e na falta de cultura, e entraña un perigo potencial para a convivencia das persoas e dos pobos”. Iso é o que resolve a declaración institucional acordada nesta xornada no Parlamento de Galicia para reprobar as declaracións da voceira de UPyD, Rosa Díez, quen nunha entrevista televisada desprezaba a José Luís Rodríguez Zapatero cualificándoo de “galeg

No texto aprobado na Cámara non se fai mención expresa a Díez e á súa intervención pública ou ás posteriores xustificacións achegadas para evitar desculparse polo que dixo. A presidenta do Parlamentoa, Pilar Rojo, foi a encargada de ler o comunicado oficial no que se cualifica de “inadmisible e xenófobo” o uso malintencionado do xentilicio.

Na conclusión do comunicado, o Parlamento galego fai un chamamento a afondar na educación nos valores cívicos da tolerancia e respecto ao outro, e a abandonar a linguaxe que pode fomentar estas condutas, sobre todo por parte das persoas creadoras de opinión, entre as que figuran as representantes e os representantes públicos.

Institucional