O Parlamento de Galicia ten pingueiras

O Parlamento de Galicia ten pingueiras

25 de Outubro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

O Parlamento de Galicia ten pingueiras. Tanto choveu e zoou nas últimas xornadas que o Pazo do Hórreo non puido aturar o azote meteorolóxico e filtráronse as inclemencias ao seu interior. Cómpre lembrar que logo dunha cara reforma, tamén o Congreso dos Deputados inaugurou o novo curso político con humidade e precipitacións sobre os cranios privilexiados das súas, das nosas señorías. Como metáfora para un país, q

E precisamente das metáforas para estes tempos, nos que por exemplo unha lei que se di de mellora da calidade educativa o primeiro que logra é deixar as aulas baleiras e crear protestas na rúa, pois habemos falar hoxe. Estamos en crise ou en desacelereación? Hai brotes verdes? Podémolos usar para ensalada? E se hai bancos malos, iso quere dicir que daquela hai outros bos? Moitas dúbidas xera a nova linguaxe da época e un proxecto univeristario dacabalo entre Galicia e Brasil vaise dedicar a elaborar un dicionario para que non nos perdamos entre tanto eufemismo.
Falando de ensaladas e cociña, hoxe celebraremos os dez anos do Grupo Nove, colocando a Galicia como referencia na vangarda gastronómica. E de sobremeesa teremos sopa de letras: de letras galegas, vascas e catalás. A Federación Galeusca celebra o seu encontro anual dende hoxe en Pontevedra.

Sociedade