O Parte de Paz antifranquista pide a retirada dos títulos honoríficos obtidos por Fraga na dictadura

O Parte de Paz antifranquista pide a retirada dos títulos honoríficos obtidos por Fraga na dictadura

02 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

“Quince días despois de concederlle o título de fillo predileto de A Coruña a Manuel Fraga en 1968, na cidade había un estado de excepción”, explica o presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica herculina, Manuel Monge, para esixir que lle retiren esa distinción ao actual senador. “Non nos referimos para nada á etapa democrática; nós respectamos o pape

“Anunciamos hoxe a toda a cidadanía da Coruña, de Galicia, do Estado español e de todo o mundo, no nome do Exército Popular, que o exército sublevado foi derrotado. Nos próximos días pasarán a arresto domiciliario, antes de proceder a un xuízo popular sumarísimo, por crimes contra a humanidade, os principais responsables da sublevación militar contra o Goberno lexítimo da República: Francisco Franco, Sanjurjo, Mola, Gómez Zamalloa, Cánovas Lacruz, Millán Astray e outros”. Se facemos historia-ficción canto non houberamos preferido escoitar hai 70 anos un parte de paz como ese. Por desgraza, o 1 de abril segue a ser o día no que se lembra o derradeiro Parte Oficial da Guerra que en 1939 anunciaba, con voz ominosa, aquela copla de “Cautivo y desarmado el Ejército rojo, han alcanzado las tropas Nacionales sus últimos objetivos militares. La guerra ha terminado”. Mais a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica segue a teimar en varrer o triunfalismo franquista e en que se restitúa a dignidade das vítimas.

Todos os ministros da ditadura perderán a súa mención de “fillo predileto” por participar na represión, e Manuel Monge non comprende a teima dalgúns en “salvar ao soldado Fraga”, di parafraseando o título da célebre película bélica. Polo de agora, a comisión asesora na que participou decidiu por unanimidade propor ao Concello de A Coruña a retirada de máis de 50 símbolos franquistas, mudando nomes de rúas e retirando a estatua a Millán Astray. Piden asemade que se retire o nome da rúa Calvo Sotelo –“declarado fascista”, xustifica- e que a rúa Disciplina, no barrio de Monte Alto, volva a ser a rúa Liberdade.

O Parte de Paz promovido pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica ten ánimo educativo, segundo Manuel Monge: “a partir da agora todo tipo de levantamento militar ou de conspiración contra a democracia e a Constitución terá o máximo desprezo por parte da cidadanía”.

Sociedade