O paseo da ría de Ferrol continua a bo ritmo

O paseo da ría de Ferrol continua a bo ritmo

17 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A recuperación da fachada marítima na ria de Ferrol continua a bo ritmo. Na actualidade o paso peonil xa une a desembocadura do rio Freixeiro en Narón ata a desembocadura do Belelle en Neda. O orzamento da rexeneración das marismas do Belelle e do Basteiro ascende a 650.000 euros.

A Demarcación de Costas destaca a importancia medio ambiental da actuación. O proxecto inclue a realización dunha especie de pequenas lagoas para demostrar a importancia e a influencia das mareas no ecosistema. A actuación complétase co estudio das marismas.

Sociedade