O patrimonio industrial na Feira do Libro de Ferrol

O patrimonio industrial na Feira do Libro de Ferrol

13 de Abril, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Caen os paxaros coa calor que vai na Praza da Constitución no Cantón de Molíns onde se ubicou a Feira do Libro. Hoxe caerán de tanto bailar con Paco Nogueira que presenta ás 19h o libro-cd-dvd “Brinca Vai! De Kalandraka.  “Brinca Vai!” reúne doce cancións en galego dirixidas ao público infantil e familiar. No concerto en directo, con entrada de balde, Paco Nogueiras interpretará unha escolma deses temas.

No programa da tarde está, ás oito, Laura Aneiros, presentando a súa primeira novela “Mi vida en tus manos”. Profesores e alumnos do Conservatorio Xan Viaño tocarán tamén no recinto feiral a media tarde. No marco da feira, Juan José Burgoa presenta o domingo o libro “Ferrol  y su comarca. El Patrimonio Industrial”. Con el falamos esta mañá do patrimonio industrial de Ferrol e comarca e da súa nova utilidade. Segundo o autor, o Arsenal é fundamental pero hai moitos valores a ter en conta na comarca. Burgoa declarou sentir mágoa ao ver como caeron as fábricas de Fenia, Hispania, a PYSBE e a Peninsular madereira.
Burgoa presenta o libro o domingo ás 8 da tarde na Feira do Libro o alcalde de Ferrol José Manuel Rey Varela, o historiador Guillermo Llorca e o profesor universitario e presidente da Asociación Galega de Patrimonio Industrial, Manuel Lara.

Tamén na Feira do Libro de Ferrol, Os autores do libro “Perlío no pasado” asinan exemplares do volume o domingo entre as doce da mañá e a unha do mediodia. En torno á historia de Perlío emite esta fin de semana unha reportaxe a Televisión de Galicia. Será no programa “A revista do fin de semana”.

Sociedade