O pau de Dani

O pau de Dani
03 de Xuño, 2019 - 12:37 h. | Publicada por Radio Fene

Cando o marcador sinalaba un 2-1, Dani lanzou un tiro que deu no pau. "Se ese balón entra non sei o que pasaría" afirma o adestrador do Perlío Chechu Piñeiro. Ainda quedaban vinte minutos e todo podería ser posible. Pero o esférico non quixo entrar e o Abellá defendeuse con orde na última fase do partido. Ao remate, Abellá 3 - 1 Perlío, na fase de ascenso á Primeira Galicia de fútbol. O equipo dos Pinares xogará un ano máis na Segunda Galicia.

ESCOITA O PODCAST:
O Abellá gañou a fase de ascenso á Primeira Galicia de fútbol

"Encaixamos sete goles dos que cinco eran perfectamente evitables. Polos erros nosos, o Abellá foi xusto vencedor da fase de ascenso" afirma o adestrador do Perlio Chechu Piñeiro. O equipo inicia as vacacións e nun prazo duns quince dias, despois dunha reflexión, o adestrador falará coa xunta directiva en torno á preparación da próxima tempada.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora