O Pazo de Goiáns pasará a mans do patrimonio municipal boirense

O Pazo de Goiáns pasará a mans do patrimonio municipal boirense

06 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

O Concello de Boiro poderá adquirir o pazo e a finca de Goiáns, cumprindo así un compromiso do goberno municipal no que se leva tempo traballando e que por fin se materializará a través da compra destes terreos. Esta adquisición levarase a cabo grazas ao acordo acadado polo goberno municipal do BNG encabezado polo Alcalde, Xosé Deira Triñanes e o Executivo Central no que se habilita unha partida de catro millóns de euros, coa que se financiar&aa

Para tal fin asinarase un convenio co Ministerio de Cultura no 2010, que permitirá recuperar todo este área verde situada na desembocadura do río Coroño, incluída a torre-pazo, para o patrimonio municipal.

O executivo boirense manifestou a súa satisfacción por este acordo, xa que supón a culminación dun arduo traballo, xestións e busca de fórmulas para que este conxunto pasara a ser de titularidade municipal.

Agora, esta inxección económica permitirá adquirir o pazo directamente. “Estamos satisfeitos e orgullosos de poder cumprir un obxectivo no que traballamos con moita ilusión, que contribuirá a enriquecer o patrimonio de tódolos boirenses e a poñer en valor unha zona de gran valor paisaxístico”, engadiron os nacionalistas.

Unha vez culminado o proceso de compra, o goberno iniciará as xestións oportunas para conquerir o financiamento necesario para restaurar esta noble edificación, así como o estudo dos seus posibles usos. 

Institucional