O Pazo manda na Liga de chave

O Pazo manda na Liga de chave

21 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O equipo do Pazo afianza o seu liderato na clasificación da Primeira División de chave de Ferrolterra con 35 puntos. Gañoulle por 4 a 0 ao Mesón O Campo de Barallobre. Por detrás do primeiro clasificado tampouco ceden nen o Centro Cultural Outeiro, nen o Lua Nova que tamén venceron nos seus compromisos desta décima xornada.

Na Segunda División o Bar Xomar de Franza gañou por 3 a 1 o seu compromiso diante do Kafeta. En segunda posición situase o Asociación Veciñal de Serantes con 31 puntos.

Deportes