O pecado de Carvalho Calero

O pecado de Carvalho Calero

07 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O autor máis lido e menos citado. Ese é o ferrolán Don Ricardo Carvalho Calero. A profesora Pilar García Negro ven de publicar en Edicións Laiovento, “Ricardo Carvalho Calero. A ciencia ao servizo da nación”. Trátase dunha recopilación de ensaios, artigos e informes do mellor polígrafo galego da segunda metade do século XX.

García Negro escolleu traballos de Carvalho dende a etapa de estudante ata a fin dos seus dias, cun abano temático amplo incluindo estudos lingüísticos, literarios, xurídicos e políticos. “É sorprendente e ata delirante que a súa obra non sexa moeda común na universidade, pero debe ser o a utor máis lido e menos citado, máis plaxiado e ocultado” indica a filóloga salientando que “o pecado de Don Ricardo foi ser fidel á súa terra e aos postulados do primeiro nacionalismo galego”.

Cultura