O Pedrón en Padrón

O Pedrón en Padrón

23 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

“Defensa e promoción das diversas facetas da cultura nacional”, son as características que definen aos desigandos co premio Pedrón de Ouro e Pedrón de Honra, que se entregan na Casa Museo de Rosalía de Castro en Padrón nesta xornada. O primeiro galardón recaeu no economista e político nacionalista Camilo Nogueira, ex deputado no Parlamento de Galicia e no Parlamento Europeo e autor de numerosos ensaios sobre a economía, políti

Os dous premiados reflexionaron sobre a situación do galego nos micrófonos de Radiofusiòn. Parar Camilo Nogueira, non hai que temer polo futuro dun idioma que chega a moitos lugares do mundo, como Río de Janeiro. Iso si, aposta por termos uns alicerces claros: “A defensa intelectual e política do galego ten que comezar polo recoñecemento do seu estatus, que non é diferente que o do francés en Francia ou o finés en Finlandia”.

Máis pesimista resulta o sociólogo Fermín Bouza. Sostén que, “sen dúbida, estamos diante dun momento decisivo para o futuro do idioma”. Coida que salvación do galego pasa pola súa consideración “como lingua de oportunidade” e mesmo como unha lingua cun valor engadido para o desenvolvemento económico. En última instancia, resolve, “o que aconteza co galego dependerá da vontade da xente”.

Sociedade