O pequeno comercio reinventase cada día

O pequeno comercio reinventase cada dia
18 de Xaneiro, 2019 - 01:18 h. | Publicada por Radio Fene

Hai xente que merca por Internet ata os iogures. En pouco tempo nas rúas céntricas non vai haber máis que baixos pechados. Confesabao así un pequeno comerciante. Pero non todo é negativo. Algúns pequenos comercios por exemplo aproveitaron o venres negro o Black Friday, fixeron promocións concretas e lograron atraer a persoas que adiantaron as compras de Nadal..

ESCOITA O PODCAST:
Nieves Grande de Koralli boutique

Datas e eventos como ese poden poden convertirse nun aliciente máis, para Priscila García de Dama, Perfumería, roupa e complementos. O pequeño comercio ten armas para atraer á clientela, facendo fincapé no trato persoal. Trátase de mimar e obsequiar ao cliente. Hai que estar despertos, segundo Nieves Grande de Koralli. O pequeño comercio da vida ao pobo. Moita xente xa comprende iso e se sinte como na casa neste tipo de establecementos. O comerciante debe mimar aos cidadáns, afirma Belén Cuesta de Berline Boutique.

Segundo o informe “Consumidor Premium” da empresa Nielsen, de cada dez persoas, catro (46%) só teñen para pagar o básico, casa comida, luz, auga e gas, outras catro (48%) teñen para o básico e para concederse algún capricho. Menos de unha persoa de cada dez (6%) ten unha situación financieira saneada. Nese contexto dificil, os cambios nos hábitos de consumo ademais obrigan a calquera negocio a reinventarse continuamente. O pequeno comercio de Fene empéñase nesta tarefa todos os día.

Sociedade

Publica o teu comentario agora