ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Perlío gañou ao Barallobre e esta tarde cantou “medio alirón”. A súa vítoria ante o veciño, o Barallobre e a derrota doutro veciño, o Maniños, no campo municipal de Os Calzados deixa a liga aos pés do Perlío. O conxunto de Os Pinares suma 9 puntos de diferencia con respecto ao Maniños. Quedan 12 puntos en xogo e o Perlío podería cantar o alirón o domingo que ven ante o Mugardos B.
Os goles do Perlío foron obra de Fornos, o primeiro e o terceiro e de Pelé o segundo. O primeiro tanto chegou no minuto 7 de partido. Pelé anotou no 25. O Barallobre xogou dende os primeiros minutos con 10 futbolistas por expulsión de Iván. Con 2 a 0 chegouse ao tempo de descanso. Na segunda parte Alberto Fornos sentenciou o partido no minuto 26. Ademáis, Fornos afiánzase en solitario como “pichichi” da competición, por diante de Chispi do Ortigueira que hoxe non anotou. Nos Calzados, o Maniños non poido co Capela e perdeu por 3 a 1. O primeiro tanto do partido marcouno o Maniños co gol de David Alvarez. Corría o minuto 18 de partido. O Capela empatou co tanto de Rubán no minuto 35. Con empate a un gol chegouse ao tempo de descanso. Na segunda metade os goles de Diego no 17 e de Alex no 39 deron a vítoria ao Capela.