O Perlío máis preto do ceo

O Perlío máis preto do ceo

14 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O Perlío sumou a súa n-ésima vítoria esta tarde no campo de San Xoán en Ferrol. O equipo de Tito Dopico sufriu pero finalmente impuso a súa autoridade ante un Numancia de Ares, sempre perigoso e cunha potencialidade ofensiva grande. O Perlío perdía no minuto 30 da segunda metade por 1 a 2. Dende o 35 e ata o 43 os feneses deron a volta á tortilla. No 35 Quique empatou mentres que Alberto Fornos volveu a mollar e colocou o tanto da vítoria

Comezou marcando Casteleiro para o Maniños e con esta vítoria pola mínima chegouse ao descanso. Na segunda metade empatou Diego para o Cebarca e o tanto da vítoria logrouno Uxio en tempo de prolongación. Con estas duas vitorias o Perlío suma 56 puntos mentres que o Maniños ten 48 puntos e un partido menos. Son oito puntos de diferencia entre os dous equipos. O terceiro en discordia é o Ortigueira que hoxe perdeu ante o Rápido de Neda por 2 a 1. Por último o Barallobre respira despois da súa vítoria ante o Mugardos B nos Prados Vellos. Xogou ben o equipo fenés que venceu por 2 a 3.

Deportes