O Perlío non colle o punto de forma

O Perlío non colle o punto de forma

23 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Narón Balompé Piñeiros 4 - Perlío 1. Tres empates e 1 victoria. Ese era o balanzo dos 4 últimos partidos do Perlío, ata que onte tropezou en Narón. Fixoo, máis unha vez, tras adiantarse no marcador. Pero a falla de concentración, a escasez de intensidade e o acerto do rival desarbolaron ao equipo dos Pinares.

O Perlío contou con máis ocasións que o Narón B no campo do Cadaval. Pero os cambios tácticos realizados por Alfonso Rivera no descanso desarmaron aos dos Pinares. Ao remate non lles valeu de nada, terse adiantado no marcador cun tanto a cero.

Deportes