O Perlío pasa a semifinais da Copa da ría

O Perlío pasa a semifinais da Copa da ría

05 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O apoio incontestable da fiel afección do Perlío logrou consumar o acceso ás semifinais da Copa da ría, ao vencer ao Cultural Maniños por un tanteo de 3 a 1, que serviu para superar o 1-0 do partido de ida no campo do Pote. O encontro celebrouse esta tarde nun campo dos Pinares ateigado de público.

Os goles de Pita, Durán e un en propia porta do Maniños serviron para desequilibrar o marcador nun emocionante partido de fútbol. Co seu pase ás semifinais da Copa, o Perlío coroa unha tempada redonda na que logrou o ascenso á Primeira Autonómica de fútbol.

Deportes