O Perlío quere tirar moito da corda, afirma Camilo Prieto

O Perlío quere tirar moito da corda, afirma Camilo Prieto

30 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Queremos tirar moito da corda na segunda volta da Liga da Segunda Autonómica de fútbol, afirma Camilo Prieto, xogador do Perlío, o equipo que lidera a clasificación cando falta somentes 1 partido para o remate da primeira volta.

Disque o amor é mirar polo espello retrovisor ao sair da cidade. O Perlío chega ao ecuador da Liga sen necesidade de melancolía nen de alucar de esguello ao pasado. Nunca baixou do primeiro posto, e por iso pensan que se merecen o título de campión de inverno.

Camilo debulla as claves do éxito dun equipo emprendedor: “O equipo reforzouse ben, e apenas se notan os cambios, ten moita profundidade no plantel, un adestrador sensato e concreto, mantemos unha gran asistencia aos adestramentos, compensando a carencia de campo cunha gran calidade humana”.

O Perlío enfrontaráse ao Narahío o vindeiro domingo no campo de San Xoan en Ferrol. Contará coas baixas de Ramón e Alvaro, sancionados.

Deportes