O Perlío sacou un dez

O derbi quedou en Perlío. Alegría nos Pinares e dia duro para o Maniños
30 de Setembro, 2019 - 11:11 h. | Publicada por Radio Fene

O derbi saldouse cunha folgada victoria do Perlío de Chechu Piñeiro sobre o Maniños de Mesa. Na Segunda Galicia de fútbol, Perlío 6 - 1 Cultural Maniños.

ESCOITA O PODCAST:

Chechu Piñeiro. Perlío.

O derbi saldouse cunha folgada vitoria do Perlío de Chechu Piñeiro sobre o Maniños de Mesa. O técnico do Perlío valora moito esta vitoria porque o Maniños é un dos favoritos, e procede da primeira autonómica. Pero ao final, afirma Piñeiro, o que contan son os tres puntos que lles dan o liderado.

No minuto 30 de partido, o marcador dos Pinares indicaba xa un 3-0. “As ocasións que tivemos as metemos", apunta o técnico do Perlio. Aos cinco minutos de iniciar a segunda parte, o Perlío mete o cuarto gol e aí remata o encontro, aínda a falta dos goles de Pocho e Dani que o redondearon. “Hai que seguir na mesma liña de xogo e esforzo” conclúe Piñeiro, quen destacou o traballo de todo o equipo que cualificou de dez. Manifesta Chechu Piñeiro que este resultado dálles alas, sete puntos e o coliderado co Pote ao que se enfrontan a próxima xornada. “Nunca se sabe. Poden dar un susto así que o Perlio ten os pes na terra” afirma o técnico dos Pinares. Ademais o Pote xoga na casa e o encontro ven ser un pequeno derbi.

Pablo Mesa. Maniños.

Do outro lado, Pablo Mesa, auto-inculpouse da derrota do Maniños no derbi. Felicitou ao rival e recoñeceu que foron mellores. “Posiblemente me enganei", recoñeceu Pablo Mesa en Radio Fene, mentres se lamenta porque onte e hoxe foron dias duros para o equipo. “Aprender das derrotas” é o que lle queda ao Maniños, afirmou Mesa quen indica tamén que seguen na pelexa por quedar entre os seis primeiros. Quererían clasificarse canto antes, así que non queda outra que recuperarse rápido e gañar o próximo partido. Será na casa contra o San Sadurniño que venceu esta semana con contundencia. Mesa quixo deixar constancia da fe cega que ten nos seus xogadores porque os ve traballar durante toda a semana.

Deportes

Publica o teu comentario agora