O Perlío, suma e segue….

O Perlío, suma e segue….

08 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Perlío gañou esta tarde en Pardiñas por 0 a 2 grazas aos goles de Alvaro e Ramón no segundo tempo. Os tres puntos sumados en Somozas coloca ao conxunto de Tito Dopico con 24 puntos e na primeira posición consolidada da clasificación. O Cedeira colócase no segundo posto despois de gañar no Beco ao Neda por 4 a 2 e despois de derrota do Maniños por 3 a 0 ante o Valdoviño no campo de Mourente.

O terceiro clasificado é o San Pablo, o equipo revelación da clasificación xunto co Cedeira e o Narón B. O conxunto de Miguel Mourente suma 19 puntos e onte gañou por 3 a 2 ao Capela no campo da Gándara. E o Valdoviño, como diciamos anteriormente, gañou ao Maniños e colócase cuarto tamén con 19 puntos. O Narón B ocupa a quinta praza despois de empatar esta tarde no Cadaval de Piñeiros por 3 a 3. O Barallobre empatou a dous goles co Meirás no Ramo e suma un punto. Con este empate o conxunto do Ramo está penúltimo da táboa con catro puntos.

Deportes