O persoal de limpeza do Hospital da Costa reclama un novo convenio.

O persoal de limpeza do Hospital da Costa reclama un novo convenio.

24 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

Os traballadores e traballadoras de limpeza do centro de Burela concentraronse hoxe para reclamar á empresa adxudicataria do servizo, SAMYL SL a sinatura dun novo convenio.

Segundo as persoas que traballan no servizo de limpeza, no actual convenio non se recollen as equiparacións co Grupo E do Sergas. Coa sinatura dun novo convenio laboral, quedarían equiparadas a xornada e o salario como ocorre no resto do centros hospitalarios de Galicia.

O remate da concentración, os representantes de CIG Servizos e a delegada de persoal foron recibidos pola Directora de Xestión do Hospital da Costa. Por parte do centro sanitario aseguran que non teñen competencia algunha para intervir na resolución do conflito. Pola súa parte, os directivos de SAMYL SL ofreceronse a dialogar cos traballadores nunha reunión que terá lugar o vindeiro xoves. Agora o persoal de limpeza debe decidir se suspende ata entón as mobilizacións ou seguen co calendario previsto.

Sociedade