O peso do cine en "Tres pintores"

O peso do cine en "Tres pintores"
07 de Marzo, 2019 - 11:14 h. | Publicada por Radio Redondela

Despois de nove anos, Cid Cabido volve publicar. Tres pintores é unha novela curta –cen páxinas– e, máis en concreto, unha novela on the road. Todo sucede dentro dun automóbil, primeiro na estrada e finalmente nunha cidade. Pero sen abandonar nunca o coche. Falamos do libro “Tres pintores” de Xosé Cid Cabido, volume que alcanzou o Premio de Novela Curta Concello de Lugo.

ESCOITA O PODCAST:
Club de lectura de Radio Fene Radiofusión

Falan do libro no club de lectura de Radio Fene Radiofusión, Tatty Lavandeira, Esther Val, Andrés C.M.Riveira e Henrique Sanfiz.

“Tres pintores” é a historia de dous amigos, en temporada de vacacións, que deciden, sen pensalo moito, marchar a París. Inmediatamente quedan sen diñeiro e non chegan moi lonxe. Non obstante, esta clase de historias que poderiamos chamar menores son as que mellor demostran a valía dun escritor. Cid Cabido é unha das voces máis persoais que se poden distinguir hoxe na literatura galega e, só por iso, os seus libros son agardados polos lectores. Así o reflexa Manuel Veiga Taboada no blog Biosbardia.

Cultura

Publica o teu comentario agora