O Plan Auga investirá máis de 19 millóns de euros en Ferrolterra

O Plan Auga investirá máis de 19 millóns de euros en Ferrolterra

17 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O plan auga investirá na comarca máis de 19 millóns de euros para a mellora das instalacións nas zonas rurais de Narón e Ferrol. O plan auga pretende garantir o suministro de auga a toda a poboación dos concellos de Ares, Nede, Fene, Valdoviño, Narón, Ferrol, Mugardos e Fene, o que supón satisface-lo consumo de máis de 180000 persoas. O plan auga, impulsado por Augas de Galicia, dependente da Conselleria de Medio Ambiente, Territorio e In

O obxecto deste plan é mellorar as infraestruras da rede de augas, así como levar adiante novos proxectos de especial interese medio ambiental, como unha estación potabilizadora. O núcleo das melloras serán os concellos de Ferrol e Narón, aínda que toda a bisbarra se beneficiará dos mesmos. Do mesmo xeito, noutros concellos da zona tamén se levarán a cabo actuacións de mellora, como pode ser o caso de Fene, Ares ou Neda onde se contruirán novos depósitos de auga. Outra das novidades deste Plan Auga é a cobertura que se lle dará ó porto exterior de Caneliñas, grazas á cal o porto conseguirá auga potable en breve.

Sociedade