O Plan do Litoral desenvolverase sen un marco xeral para as actuacións territoriais

O Plan do Litoral desenvolverase sen un marco xeral para as actuacións territoriais

25 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

O novo Plan de Ordenación do Litoral substituirá á coñecida como Lei dos 500 metros que, con carácter cautelar, e mentres non se aprobaran as Directrices de Ordenación do Territorio decretou o bipartito para protexer a costa con carácter xeral das agresións urbanísticas. O Executivo de Alberto Núñez Feijóo, que non cumpriu coa promesa do debate de investidura de presentar o novo ordenamento antes de seis meses, xa tivo que p

“A moratoria salvou a costa galega”, resolve a voceira de Ordenación do Territorio do PsdeG, Mar Barcón, quen coida que os populares están a dar “paos de cego”. A socialista concede que non se pode manter “unha prohibición idéntica en todo o litoral”, pero declara que non aceptará que “se faga calquera cousa en zonas moi sensibles como Touriñán”. A prohibición, xa que logo, segue a dar resultados, segundo Barcón.

“Comezar a casa polo tellado” é o que fai a Xunta con este Plan, na opinión do voceiro parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, quen cualifica o documento de “propaganda sen valor práctico”. O nacionalista coida que o Goberno fará prevalecer os intereses da gran construción e advirte que, xunto coa nova reforma da Lei do Solo, estanse a flexibilizar os requisitos para a edificación sen promover que os concellos resolvan antes os seus plans de ordenamento urbanístico.

Institucional