O Plan Estratéxico xa está en mans da Asociación Impulsora de Lugo

O Plan Estratéxico xa está en mans da Asociación Impulsora de Lugo

28 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro fixo entrega onte dunha copia do Plan Estratéxico á Asociación Impulsora de Lugo, un documento que contempla as fortalezas e as oportunidades que transformarán a provincia lucense nun lugar coa máxima proxección de futuro.

Os integrantes da Asociación, formada por empresarios e sindicatos, parten dun obxectivo común: conseguir que a cidade das murallas acade a calificación do Ministerio de Industria como zona de industrialización preferente. Con esta distinción poderíanse chegar a conseguir fondos para a implantar empresas na provincia sen consumir presupostos da Xunta, ó proceder estes de Europa.

O documento do Plan Estratéxico engloba ós principais axentes públicos e privados que operan na provincia ca fin de promover o desenvolvemento económico e social da mesma.
Xa é a segunda vez que Gómez Besteiro se reúne coa Asociación Impulsora de Lugo. A primeira fora o ano pasado, coincidindo coa constitución de dita agrupación. Tamén nese mesmo ano,no 2009, tivera unha reunión en Santiago de Compostela co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, para ofrecerlle o documento do Plan Estratéxico.

Sociedade