O plantel de Ecourense recibiu da CIG o Premio 10 de Marzo, polo Día da Clase Obreira Galega

O plantel de Ecourense recibiu da CIG o Premio 10 de Marzo, polo Día da Clase Obreira Galega

09 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Adelina, Amador e Daniel. A Confederación Intersindical Galega quixo persoalizar hoxe coa entrega do seu premio 10 de marzo a homenaxe á clase traballadora. Por iso entregoulle o galardón á presidenta do comité de empresa de Ecourense, Adelina Basteiro, readmitida na firma tras unha folga de 6 dias en novembro do 2010. O sindicato nacionalista honrou así tamén a memoria de Amador Rey e Daniel Niebla, os 2 traballadores de Bazan mortos nos sucesos acaecidos o

Nun acto sindical de confraternización organizado pola central nacionalista celebrado hoxe en Teo (A Coruña), recibiron tamén unha mención especial as loitas do persoal de Alfageme e os traballadores das instalacións deportivas, pola súa loita pola consecución dun convenio propio.

Na entrega, o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, explicou que a distinción deste ano ten un simbolismo especial, porque se quere destacar a loita daqueles traballadores que, por presentarse nas candidaturas desta central nas eleccións sindicais ou por mostrar afinidade a esta organización, son vítimas da represión e ameazas da empresa.

Seixo explicou que, por iso, este ano entrégase o premio aos traballadores de Ecourense, que o pasado ano mantiveron unha folga de seis días no servizo de recollida de lixo na cidade das Burgas ante a postura da empresa de terror baseada na indiscriminada apertura de expedientes sancionadores, "chegando mesmo a despedir á cabeza de lista da candidatura da CIG". Lograron a readmisión da empregada que hoxe é a presidenta do comité de empresa.

Para o dirixente sindical, a conmemoración deste 10 de marzo "faise nun contexto cargado de dificultades, recortes e ataques á clase traballadora". Neste sentido, o secretario xeral da CIG censurou a posición de CC.OO. e UXT polo acordo social asinado co Goberno e a patronal española, que implica a desmovilización e desideoloxización da clase traballadora, xusto o contrario do que se necesita nestes momentos".

Sociedade