O pleno de Allariz reúnese este mércores en sesión extraordinaria

O pleno de Allariz reúnese este mércores en sesión extraordinaria

27 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

O pleno da corporación municipal de Allariz reúnese este mércores 29 de abril en sesión extraordinaria ás oito e media da tarde no Salón de Actos do consistorio. O pleno será retransmitido en directo de forma íntegra por Radio Allariz (107.2 FM) e ao día seguinte, o xoves pola mañá, emitirase en redifusión.

 

A orde do día será a que segue:

1- Aprobación, si procede, dos borradores correspondentes ás sesións do 30/01/09, 02/02/09 e 13/03/09.

2- Dar conta das resolucións adoptadas pola alcaldía desde a última sesión.

3- Adxudicación provisional do contrato do concurso por procedemento aberto e trámite ordinario para a concesión do servizo de cafetería do Centro Cívico A Fábrica. As tres propostas presentadas para a xestión da concesión municipal referente ao servizo de cafetería do Centro Cívico A Fábrica foron sometidas a ditame pola mesa de contratación. O resultado do concurso darase a coñecer no pleno do vindeiro 29 de abril.

4- Adxudicación provisional de contratos da venda de parcelas no Parque Empresarial de Chorente. Ao concurso presentáronse propostas para tres parcelas máis que suman un total aproximado de 4000 metros cadrados. Unha das empresas solicitantes adicarase á reparación e fabricación de maquinaria, fundamentalmente grupos electróxenos e outra destinarase a unha carpintería metálica.

5- Ampliación do prazo de cesión do uso dun inmoble á Fundación Vicente Risco.

6- Moción do PP sobre o acondicionamento e soterramento de contedores de lixo na rúa Emilia Pardo Bazán.

7- Quenda de rogos e preguntas.

Sociedade