O poder das regueifas

O poder das regueifas
20 de Novembro, 2020 - 12:28 h. | Publicada por Radio Fene

O investigador Xian Naia, que obtivo unha bolsa da Deputación da Coruña en 2019 na "Área de planificación sociolingüística",  compartiu as súas análises sobre a idoneidade da práctica da regueifa como ferramenta que permite crear espazos -non apenas como actividade puntual- para manter e crear falantes novos da lingua galega.

ESCOITA O PODCAST:
Xian Naia

O proxecto parte da base de trascender da actividade puntual, isto é esencial para que o uso do galego se expanda de forma permanente e non só como unha actividade cultural única. As regueifas son improvisacións con música acerca dunha temática en concreto, non só é falar en galego, senón tamén comprender o que di o outro.

As regueifas son tradición popular e recuperalas polo seu carácter sociolingüístico ten dobre valor: axudar á recuperación cultural da tradición e impulsar o uso do galego entre os máis novos. Xa se puxeron en marcha obradoiros en colexios e asociacións culturais.

As comparacións son odiosas, mais o catalán ou o vasco son idiomas moito máis extendidos nas xeracións novas ca o galego. Os tratamentos son diferentes dende a sociedade pero tamén dende os entornos públicos. Como Naia explica “non hai moito apoio dende as institucións”.

Por iso as regueifas son unha boa opción para a recuperación dunha lingua histórica. Ninguen sabe como convercer aos rapaces para que falen galego, según Naia esa é a pregunta do millón. Quizá son prexuizos, pero esta iniciativa pode ser o comezo para reavivala a longo prazo.

Pouco a pouco, pero sen deixar de traballar. Pola cultura, polo idoma e pola tradición popular. Moitas veces acontence, e seguirá a ser así, para intentar mellorar o futuro bótase man do pasado.

 

Foto de caleidoscopica.gal

Cultura

Publica o teu comentario agora