O poder está no povo conta con Lidia Senra

O poder está no povo conta con Lidia Senra

02 de Xullo, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Lidia Senra, representante galega no Congrés Internacional de Poder Constituent en Barcelona. A eurodiputada presentará unha ponencia o domingo 20 de xullo, na segunda xornada do congreso que organiza o movemento Procés Constituent, impulsado por Teresa Forcades e Arcadi Oliveres.

Lidia Senra ofrecerá no seu relatorio unha ollada galega sobre os procesos constituíntes e o papel que pode desempeñar a filosofía da soberanía alimentar no marco dun proceso constituínte na Galiza. Senra, que falará ás 12:20, estará acompañada na mesa de peche do congreso por Porfirio Muñoz, comisionado para a reforma política do Distrito Federal e ex candidato a presidencia de México no 2000, por Raquel Garrido, secretaria nacional para a VI República do Parti de Gauche francés, e por Gerardo Pisarello, profesor de Dereito Constitucional na Universidade de Barcelona.

O congreso, que baixo o título O poder do pobo, se abrirá o sábado 19 no Centre Francesca Bonnemaison en Barcelona, está organizado polo movemento Procés Constituent. Este movemento, impulsado no 2013 pola monxa Teresa Forcades e o economista Arcadi Oliveres, promove a formación dun bloque político que defenda a apertura dun proceso constituinte en Catalunya e a aplicación dun plan de rescate cidadán.

Os ponentes representan a movementos de paises como Túnez, Grecia, Islandia, Ecuador, Chile, México, EE UU, Portugal, Republica Saharaui Democrática, Francia, España, Cataluña e Galicia.

 

Sociedade