O polémico Albert Plá

O polémico Albert Plá

05 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Espectáculo soez e falto de calidade artística. Estes son os dous piropos que o Partido Popular de Ferrol adicou  ó concerto que o cantautor catalán Albert Plá ofreceu onte no Teatro Jofre de Ferrol. Os populares amosaron a súa indignación e criticaron ó concello por ter incluido este espectáculo na programación do Teatro. Do mesmo xeito calificaron de “irresponsable” a actitude da administración que r

Din os populares que  “esconder mensaxes falsamente progresistas onde se incita ao consumo de drogas, ao roubo ou ao asesinata baixo o paraguas da liberdade de expresión non ten xustificación algunha”.  O voceiro do PP, Manuel Bustabad, censurou a actitude do concello que refrenda espectáculos lamentables e que amáis non gozan do favor do público”, en vez de ofertar unha programación cultural de calidade.

Manuel Bustabad avalou as súas críticas, sembrando que xa no ano 1993 a discográfica BMG negouse a editar o segundo disco de Albert Plá “Veintegenarios” pola posibilidade de ser procesado por apoloxía do terrorismo.

O edil popular non quixo deixar pasar a ocasión de citar a modo de ejemplo a letra dunha das cancións que o catalán presentará hoxe no teatro co título de “Juerga Catalana”: “con unos porros …y un par o tres de rayas….consumo de éxtasis….mucha droga y un poquito de heroína… no hay nada como el caballo” “los niños de la escolanía los visten con falditas y los confundes con una tía, y con el ciego que llevamos ya casi nos las follamos”. Que cadaquén xulgue ao seu xeito.

Cultura