O polbo montado causa sensación

O polbo montado causa sensación
14 de Novembro, 2019 - 12:37 h. | Publicada por Radio Fene

A combinación de polbo frío e arepa quente causa sensación en Sillobre. A xente achégase á cafetería da Sociedade Agarimo preguntando pola tapa. Consiste nas rodas do polbo con pemento morrón, todo montado nunha arepa de fariña. Require moita elaboración xa que os pementos deben facerse con moita antelación para logo maceralos. O resultado final val a pena, segundo salienta Mario.

ESCOITA O PODCAST:
O polbo causa sensación en Sillobre

A cafetería da Sociedade Agarimo servirá de novo o polbo montado este venres a partir das oito da tarde na rúa Mestre Lois Rodríguez, s/n, en Sillobre Fene. As tapas pódense probar nas tardes dos venres, os sábados e os domingos ao mediodía.

Sociedade

Publica o teu comentario agora