O pop-rock enérxico de Los Dramáticos

O pop-rock enérxico de Los Dramáticos

01 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

No ano 1986, das cinzas de Metro, nacen Los Dramáticos, unha banda na que militan Manolo Gesto á guitarra e voz, Rocco ao baixo e os ex-Metro Tomás Carrero na batería e Pedro Sosa á guitarra. A súa primeira gravación chega en 1987 da man do selo Melodías de Ayer y de Hoy cun single no que inclúen “Todo acabó” e “La decisión”. Un ano máis tarde, en 198

A carreira era imparable e ese mesmo ano, 1988, a banda tería na rúa dúas novas cancións en forma de single promocional: “Yo y mi sombra” e “Que me digan lo que pasa”. Estes dous temas xunto aos que conformaban o anterior sinxelo e a inédita “Carol” deron forma a un mini LP homónimo.

En 1990 deixan o selo madrileño, fichan polo galego Edigal, e por fin chega o seu primeiro longa duración Viento en la cara. Once pílulas nas que mesturan rock, pop e rockabilly a base de guitarras afiadas e ritmos pegañentos como en “Vuelve a tu casa” ou “Hoy no es un día normal”. Tamén se atreven coas versións. Así o “Mary had a little lamb” de Buudy Guy é “Mary” e o “Fire” de Jimmy Hendrix convértese en “Fuego”. A pesar da calidade do seu traballo Los dramáticos non acadan o éxito merecido.
En 1991 comezan as inestabilidades e Manolo Gesto abandona a banda. Non obstante, a pesar de todo, en 1992 editan un novo disco, agora como trío. Rocco, Tomás Carrero e Pedro Sosa publican Es Igual, un disco con máis rock e con máis humor.

A banda intenta continuar a súa carreira coas fichaxes de Pablo Pumares, batería dos duros Xudef Klass, para a guitarra ou a de Fredy que substitúe a Pedro. Non obstante, a banda separase. Como para moitas bandas da época, a pesar da súa calidade musical a falta de medios e de apoio económico supuxeron eivas insalvables.

 

Cultura