O pop swing de Roger de Flor no Xoves Santo

O pop swing de Roger de Flor no Xoves Santo

16 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Roger de Flor actuará co seu pop swing no sexto festival Conspirando por unha radio livre, organizado en Ferrol polo colectivo Opaii e Radio Filispín. Celebraráse o xoves 9 de abril na Praza do Inferniño en Ferrol.

Na praza do antigo estadio Manuel Rivera, os de Radio Filispín instalarán unha carpa que acollerá unha feira de colectivos desde as seis da tarde. Xa contra as dez da noite comezará o festival musical. Ademáis de Roger de Flor, actuarán o grupo de punk rock Retobato, de Trasancos. Rematará a festa coa súa música de fusión, Sacha na horta.

Sociedade