O Pote competirá na Segunda Galicia

O Pote competirá na Segunda Galicia
19 de Xuño, 2019 - 09:03 h. | Publicada por Radio Fene

Catro equipos de Fene competirán a vindeira tempada na Segunda Galicia de fútbol. Ao Perlío, Barallobre e Cultural Maniños, súmase agora O Pote, novo nome do equipo filial do Maniños. Como a normativa da federación indica que non poden competir dous equipos do mesmo club na mesma categoría, a Asociación Cultural Recreativa e Deportiva O Pote apadriñará ao equipo que a pasada tempada adestrou Manuel Freire.

ESCOITA O PODCAST:
O filial do Cultural Maniños competirá no 2019-2020 co nome do Pote

O Cultural Maniños pola súa banda, incorporará ao xuvenil Borja Vizoso de cara á vindeira campaña. Está prevista algunha baixa, polo que o Maniños incorporará dous ou tres reforzos, segundo explicou o secretario do club Alfredo Fernández.

Campus de verán

O Cultural Maniños organiza un ano máis o campus de verán en colaboración co Club Deportivo Lugo. Vai destinado a idades do 2003 ao 2013. Desenvolveráse do 8 ao 12 de xullo de nove e meida da mañá a duas da tarde. O prezo ata o 27 de xuño será de 125 euros, e de 150 euros despois desa data.As inscricións poden formalizarse no correo eventos@cdlugo.com. Facilitan máis información no teléfono 982 231754.

Deportes

Publica o teu comentario agora