O PP dá un envorco histórico en A Coruña, Santiago e Ferrol

O PP dá un envorco histórico en A Coruña, Santiago e Ferrol

22 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

A onda de apoio electoral que levou a Alberto Núñez Feijóo ata a presidencia da Xunta aproveitouna o presidente do PP da Coruña, Carlos Negreira, para cambiar significativamente o mapa do municipalismo galego, desaloxando ao PSdeG de tres das sete principais cidades do país grazas á maioría absoluta.  O bastón de mando da capital galega, Santiago de Compostela, pasará a mans de Gerardo Conde Roa (PPdeG: 13; PSdeG: 9; BNG: 3). Ferrol confirm

A cidade de Pontevedra confírmase como a praza máis favorable para o nacionalismo, puidendo repetir como alcalde Miguel Anxo Fernández Lores se BNG e PSdeG reeditan o seu tradicional pacto de goberno (PPdeG: 11; BNG: 11 ; PSdeG: 3). Unha situación semellante dáse en Vigo, desta volta co socialista Abel Cabellero como beneficiado, e que precisará do Bloque para vetar o goberno local a Corina Porro (PPdeG: 13; PSdeG: 11; BNG: 3). A alianza bipartita convértese tamén nunha necesidade para José López Orozco se pretende repetir como alcalde de Lugo (PPdeG: 12; PSdeG: 11; BNG: 2). En Ourense, socialistas e populares empatan a concelleiros, pero a situación favorece ao candidato do PSdeG, Francisco Rodríguez, grazas á posibilidade de pacto co BNG (PPdeG: 11;  PSdeG: 11; BNG: 3; D.O::2).
De resultas da suma de votos por provincia, o PP aumentaría tamén o dominio no mapa político galego. Aos xa tradicionais gobernos de Ourense e Pontevedra, engadiríanselle dende agora a Deputación da Coruña, mantendo PSdeG e BNG a de Lugo.
Institucional