O PP dalle importancia a Europa en Vilalba

O PP dalle importancia a Europa en Vilalba

29 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Partido Popular xuntou onte aos seus simpatizantes no Hotel Villamartín de Vilalba par animalos a acudir masivamente ás furnas o vindeiro domingo 7 de maio. Os seus representantes, o alcalde de Vilalba, Gerardo Criado, o deputado provincial en Santiago, Agustín Baamonde, o seu presidente provincial, Xosé Ramón Barreiro, e o seu presidente fundador, Manuel Fraga, coincidiron en sinalar a impo

Onde si houbo certas disensións foi na súa interpretación en clave doméstica, xa que mentres Criado, Barreiro e Baamonde, consideraron que había que afrontar estas eleccións como un exame para Zapatero, o que axudaría a un adianto electoral nacional, Manuel Fraga concedeulle unha importancia de seu, sen que “fosen unhas eleccións preparatorias de outras”. Fraga tamén incidiu en que era preciso que houbese unha boa representación popular en Europa para poder “recuperar o que se perdeu por culpa dos socialistas”.

O fundador do PP tamén indicou a liña que seguirá o seu partido “para resolver os problemas”. A súa folla de ruta pasará por completar o mercado único, desenrolar as infraestruturas e as políticas económicas, reducir o impacto da burocracia na vida da xente, así como lograr un maior apoio para as pemes galegas, sen esquecer de “crear unha Europa que sexa a maior economía do mundo”.

Pola súa banda, Xosé Ramón Barreiro acusou ao goberno socialista en Galicia de deixar unha pegada de “vagos e derrochadores e un pufo”. Para elo pediu que estas eleccións fosen unha pedra de toque que provocase un adianto electoral. “Hai que cambiar o que están a facer en España, e para facelo hai que convocar unhas eleccións xerais. Para conseguir iso debemos enviarlle unha mensaxe a Zapatero para que o entenda, dándolle nos dentes políticamente”, opinou Barreiro.

Ademais, estableceu nun 80% o número de parados españois con respecto ás cifras globais en Europa, e o contrapuxo cos seus datos sobre a creación de emprego “fai cinco anos”, que significaban “un 50% do traballo que se creaba en Europa”. Tamén pediu o voto para o PP para solucionar o problema do leite, xa que, segundo Barreiro, “a actual situación é produto da mala negociación do PSOE en Europa”.

Agustín Baamonde, centrou as súas críticas no BNG, aos que acusou de querer “unha Galicia de cortello, que comeza en Fisterra e remata nos Ancares”, e reclamou maior atención para estes comicios porque permiten “resolver problemas inmediatos de forma directa, aínda que non se entenda moi ben a representación ou a composición política dos seus organismos”.

Por último, o alcalde de Vilalba, Gerardo Criado, lembrou que gracias a Europa “e aos fondos europeos” se “mellorou Galicia e as súas infraestruturas”, polo que volveu a pedir unha gran mobilización dos seus votantes.

Sociedade