O PP de Pol acusa ao alcalde de 2boicotear á oposición”

O PP de Pol acusa ao alcalde de 2boicotear á oposición”

10 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Grupo municipal do PPdeG do Concello de Pol, a través do seu voceiro José Luis Fugarolas, acusou ao alcalde, o socialista Lino Rodríguez Ónega, de “boicotear a labor de control da oposición” por levar desde o 5 de decembro

Na opinión dos populares, a actitude do rexidor local incumpre as mínimas regras de procedemento democrático. “Con esta actitude o único que persegue é amordazar á oposición, que non lle podamos pedir explicacións sobre o que fai e, sobre todo, sobre o que non fai”, explicou Fugarolas.

Neste senso, o voceiro do PPdeG lembrou que hai preto dun ano que están a esperar que desde o equipo de goberno lles faciliten o detalle dos gastos derivados das festas dos emigrantes de 2007 e 2008, e das da terceira idade e San Isidro do 2008. “O único dato que coñecemos a este respecto a día de hoxe é o custe dunha paella na festa do emigrante das dúas últimas edicións por importe 4.500 euros cada unha”, especifica o voceiro do GMPP.

O “despido inxustificado” de dúas traballadoras do concello foi outra das acusacións vertidas desde o PP. Trátase. As dúas empregadas son unha axente local de emprego cuxa praza, segundo os populares, “foi cuberta sen darlle publicidade e por decisión dun tribunal do que non formaba parte ningún representante dos grupos políticos como así se acordara por unanimidade nun pleno”. No mesmo caso atópase a traballadora que se encargaba da oficina de información xuvenil e que atendía os telecentros de Andión e Rixoán á que, “lle comunicaron o despido, de xeito inadecuado sen que ata o momento se cubrira a praza, polo que os telecentros están desatendidos e restrinxiuse a actividade cultural no Concello”.

Sociedade