O PP de Pol lamenta que o pago da indemnización da traballadora despedida saia “das arcas municipais”

O PP de Pol lamenta que o pago da indemnización da traballadora despedida saia “das arcas municipais”

02 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Partido Popular de Pol, a través do seu voceiro, José Luis Fugarolas, acusa ao alcalde da vila lucense, Lino Rodríguez Ónega, de non cumprir coa sentencia do xulgado do Social número 1 de Lugo que obriga a readmitir a unha traballadora deste concello por considerar o seu despido como improcedente. Por elo, o Concello deberá afrontar unha indemnización de uns 15.000 euros, que, segundo o representante popular, “sairán das arcas municipai

Fugarolas recordou que este non é o único caso deste tipo no Concello, xa que se tivo que pagar 30.000 euros a outra traballadora ao considerar a sentencia do xulgado do Social número 2 de Lugo nulo o seu despido.

 

 

O membro municipal do PP acusou a Rodríguez de levar  a cabo unha “política caciquil e prepotente”,  e lamentou que “sexan todos veciños os que teñan que pagar as súas consecuencias”. Por elo, fai “un chamamento ao rexidor local para que cambie de actitude en beneficio do municipio e dos veciños”.

Sociedade