O PP tamén critica a reordenación do tráfico en Fene

O PP tamén critica a reordenación do tráfico en Fene

02 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A eliminación do doble sentido de circulación na rúa do Concello de Fene provoca tamén as críticas do Partido Popular. Para o PP, antes de adoptar unha medida desas características é necesario abrir un período de exposición pública para recoller suxerencias de veciños e comerciantes. Ademáis debe establecerse un prazo de probas para estudar os efectos da medida.

Para Gumersindo Galego, existen varias alternativas diferentes para lograr máis prazas de estacionamento da rúa do Concello. O PP mantería o doble sentido da circulación, establecendo a ambos marxes da calzada aparcamento en batería. Se fose necesario, poderíase recortar algúns centímetros de beirarrúa, segundo explica o voceiro do Partido Popular. O representante do PP censurou a inexistencia de proxectos para descubrir o último tramo do río Cádavo en Perlío e da remodelación do porto de Barallobre. Neste caso Portos de Galicia vai intentar reducir a rampa para colocar os pantaláns de madeira. Tamén se furarán as rampas de Maniños e Barallobre para propiciar a circulación de auga e eliminar as zonas mortas da actualidade. O Partido Popular de Fene agarda que as obras a incluir no Plan E do 2010 sexan negociadas con tempo entre todos os grupos da Corporación. Os populares agardan que se traian cousas razonabeis e se poida chegar a un consenso nese tema.

Sociedade