O PPdeG solicita no Parlamento que os escolares con discapacidade asistan ó curso de Musicoterapia que se celebra en Mondoñedo

O PPdeG solicita no Parlamento que os escolares con discapacidade asistan ó curso de Musicoterapia que se celebra en Mondoñedo

25 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

O deputado popular José Manuel Balseiro ven de presentar no Parlamento de Galicia unha Proposición Non de Lei na que insta a Xunta a adoptar as medidas oportunas para garantir a asistencia de escolares con discapacidade ó Curso Internacional de Música e Musicoterapia que se celebra en Mondoñedo. A voceira do PP mindoniense Elena Candia e os directivos de AIMPNE (Asociación Interdisciplinar Musicosensorial a favor das Persoas con Necesidades Especiais)  Elena L&

José Manuel Balseiro resaltou na súa intervención que o Curso de Musicoterapia está dirixido a nenos con necesidades especiais, chegados de múltiples concellos da comarca e de varios países e foi declarado de interese sanitario. Esta actividade engloba non só esforzos de músicos e musicoterapeutas senón tamén de profesionais da saúde que colaboran na integración dos rapaces. Segundo o deputado popular “as administracións públicas teñen a obriga de contribuír o apoio destas iniciativas non só porque supoñen un avance significativo en materia de igualdade senón porque dende Xunta se estan a desenvolver accións dirixidas a facilitar o acceso aos servizos de apoio e estímulo ás persoas con diversas disfuncionalidades”.

Os voceiros populares salientaron tamén pola a seriedade e profesionalidade dos organizadores e do persoal participante, a importancia dos fins que persegue o Curso e a repercusión económica que ten en Mondoñedo. Pola súa parte, Elena López, presidenta de AIMPNE sinalou que deste xeito o Curso de Musicoterapia obtén un recoñecemento co que xa contaba a nivel europeo. Agradeceu tamén ás empresas e entidades colaboradoras e comentou que esperan contar co apoio de todas as forzas políticas na defensa desta iniciativa de gran relevancia pública e social.

Sociedade