O prerrománico de Toques

O prerrománico de Toques

03 de Maio, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

A igrexa de San Antoniño de Toques foi parte dun antigo mosteiro que tivo un rico pasado como abadía. Hai doazóns documentadas no ano 974 e 976. Caaveiro establécese no ano 934. O rei de Galicia García tamén favorece á igrexa e mosteiro de Toques cunha doazón ao abade Tanoi en 1067. Dese documento despréndese a posible existencia dunha capela primitiva nun cumio, e dun novo edificio nun lugar mellor, na ubicación doutro dos mosteiro

Afonso VI en 1077 confirma o seu coto. En 1515 o mosteiro adopta a nova regra benedictina, renunciando o abade Xácome Yañez á súa abadía. Pasa a depender do mosteiro de San Paio de Antealtares e logo de San Martiño Pinario en Santiago de Compostela. É o inicio dun certo devalar, segundo apunta Xosé Manuel Broz Rei na súa monografía "Santantoíño de Toques". O espléndido entorno, o borbullar do río en fervenza, a tranquilidade que se respira no lugar, fan honor á fermosura dun prerrománico insólito na península.

Sociedade