O prezo da carne mántense estable

O prezo da carne mántense estable

20 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Filetes de cola de tenreira, a estrela desta carne, a 14 euros o quilo, agulla con óso a 6,95 e os costilletas a 14 euros o quilo. A tenreira é a carne máis demandada entre os clientes do Mercado da Magdalena de Ferrol. Pero si queremos axustar máis os nosos petos podemos botar man de carnes máis baratas como o polo que está a 3,15, porco, pavo e cordeiro. Un amplo abano de carnes galegas chegadas directamente do matadeiro. 

Os galegos ben pola crise ben ben polos seus prezos máis baixos e estables consumimos máis carne que peixe. Isto despréndese cando comparamos a diferenza de vendas destes dous produtos na Praza de Ferrol. A mala situación económica no afecta a este sector como ao do peixe porque se manteñen os prezos desde hai anos, explícanos un dos carniceiros do mercado, José María Tre. Ademais non se pode atopar máis fresca xa que a reciben directamente da matanza e durante toda a semana os frigoríficos énchense de toda a variedade de produtos cárnicos. Iso sí a fin de semana lévase a palma en número de vendas xa que a xente ten máis tempo e acude á praza a mercar a costela, os chourizos, os bistecs, uns chuletóns ou unha boa pata de cordeiro para darse unha boa homenaxe. O prezo non está reñido coa calidade e en tempos de vacas fracas, nunca mellor dito, na nosa mesa sempre podemos dispoñer de boas viandas.

Sociedade