O prezo das receitas e dos medicamentos

O prezo das receitas e dos medicamentos

16 de Marzo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrolterra oponse ao pago dun euro por receita, medida que puxo xa en marcha a Generalitat de Catalunya. O voceiro da entidade Lois Méndez salientou que esa iniciativa é fondamente inxusta xa que obriga a pagar igual a xente con rendas moi diferentes. Para Méndez, é inxusto que pague o mesmo unha persoa que cobra máis de 2.500 euros mensuais que unha familia en desemprego. No que se refire á proposta anunc

O presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijoo propuxo que os medicamentos se paguen en función da renda dos pacientes. Nestes momentos todos os cidadáns activos, sen diferenzas de rendas, pagan un 40% do prezo das medicinas que lle receitan os médicos da sanidade pública. Os pensionistas do rexime xeral da Seguridade Social non pagan nada. O que plantexa o presidente galego é que, todos os cidadáns, quizais tamén os pensionistas, a partir de certa renda, paguen máis para reducir o gasto farmaceútico das comunidades autónomas.

Sociedade