O prezo das vivendas de segunda mán estáncase en Galicia

O prezo das vivendas de segunda mán estáncase en Galicia

27 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Ferrol continua a ser unha das cidades de Galicia coa vivenda máis barata. Segundo un estudio do portal idealista.com, neste último trimestre o prezo medio das vivendas de segunda mán ferrolanas situouse nos 1151 euros por metro cadrado. Os pisos son máis caros en Narón, onde o metro cadrado véndese a 1300 euros, segundo os datos deste informe.

O prezo das vivendas de segunda man en venda en galicia non se moveu durante o primeiro trimestre de 2009, e mantívose nos 1.872 euros/m2, segundo o informe publicado por idealista.com, portal inmobiliario líder en españa. A nosa comunidade autónoma é, xunto a canarias, a única na que os prezos non caeron. Para a realización desta análise o equipo de idealista.com estudou unha mostra de 1.856 vivendas de galicia.

Sociedade