O primeiro mes e a primeira loita

Enfermeiras eventuais en loita reclaman máis persoal.
11 de Xaneiro, 2020 - 11:00 h. | Publicada por Radio Fene

A ratio enfermeira/paciente será a primeira causa que o colectivo Enfermeiras eventuais en loita levarán a cabo no 2020, dentro da campaña "Doce meses, doce loitas".

ESCOITA O PODCAST:

Enfermeiras eventuais en loita reclaman máis persoal. Convocan unha nova concentración o vindeiro luns, trece de xaneiro no marco da súa iniciativa “Doce meses, doce loitas”. Desta volta poñen o punto de mira na proporción de pacientes por enfermeira en Galicia, moito máis baixo que a media estatal. A concentración está convocada o vindeiro luns ás doce da mañá na entrada do Arquitecto Marcide en Ferrol. De xeito simultáneo, celebraránse movilizacións tamén nos hospitais das restantes cidades galegas.

Bea Chedas, portavoz hoxe do colectivo Enfermeiras eventuais en Loita na Área sanitaria de Ferrol, explica que “Doce meses, doce loitas” naceu en maio de 2019 froito do descontento deste colectivo coa Administración. Así é que cada dia 12 ou 13 de cada mes se movilizan por unha causa que afecta ás profesionais e indirectamente aos pacientes. A primeira causa do 2020 será a ratio enfermeira/pacientes. Afirma Chedas que en Galicia hai 14.040 enfermeiras para atender unha poboación de 2 millóns 700 mil persoas, mentres que no País Vasco hai 20.358 enfermeiras para a mesma poboación. Ferrol ten arredor de 500 enfermeiras eventuais na área sanitaria. Volvendo á loita desde mes de xaneiro, a ratio galega é a terceira pola cola de todo o Estado, sendo de 5,37 enfermeiras por cada 1000 pacientes. A media estatal está nas 6,55 e a europea nas 8,8 enfermeiras por cada 1000 doentes.

O seu dia a dia laboral.

“Hai compañeiras que asinaron 800 contratos ao longo de 14 anos” afirma Bea Chedas. A maioría dos contratos son de un dia, engade a portavoz de Enfermeiras eventuais en loita, e te chaman a calquera hora do dia ou da noite para incorporarte de inmediato. A crise fixo estragos entre este colectivo, declara. Moitas enfermeiras emigraron ou tiveron que optar pola sanidade privada. O normal hoxe en dia é que deixar de ser enfermeira interina e ter praza en propiedade teña un custe de vinte anos de traballo.

Defensa da sanidade pública e da atención primaria.

Enfermeiras eventuais en loita soen participar ou apoiar accións que defendan a sanidade pública. Fixérono en Verín para defender o paritorio e atenderán seguramente a chamada da plataforma SOS Sanidade Pública a manifestarse o próximo 9 de febreiro en Santiago de Compostela en defensa da Atención Primaria. Esa acción tamén protesta contra o "desmantelamento" dos hospitais comarcais. De momento Enfermeiras eventuais en Loita continuan tamén coas súas mobilizacións. Este luns dia 13 de xaneiro protagonizan ás 12h unha nova concentración no vestíbulo do Arquitecto Marcide de Ferrol, como nos demais centros hospitalarios de Galicia.

Sociedade

Publica o teu comentario agora