O programa “Galicia Natural” chega á Mariña lucense

O programa “Galicia Natural” chega á Mariña lucense

26 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A Mariña lucense é un dos espazos elixidos pola Secretaría Xeral para o Turismo, a través de Turgalicia, e pola Dirección Xeral de Acción Social, en colaboración coas asociacións de Turismo Rural de Galicia, para acoller o programa “Galicia Natural”. Nesta actividade participan 966 maiores da Comunidade Galega e se leva a cabo en diferentes casas de Turismo Rural ata o 26 de xuño.

Desde onte e ata o vindeiro venres, un grupo de 46 maiores visitará A Mariña e aloxarase en seis casas rurais da zona. As actividades programadas para hoxe comezarán pola excursión á Fábrica de Cerámica de Sargadelos pola mañá e ao museo e á fonte de San Matiño de Mondoñedo, ademais da Lonxa de Burela, pola tarde.

 

Para os próximos días están programadas as visitas á Mariña Oriental, Rinlo, Illa Pancha, Forte de San Damián, Praia das Catedrais e o Barrio de Artesáns dos Muíños en Mondoñedo, o mércores; Viveiro e unha ruta de sendeirismo no Souto da Retorta, o xoves; e o venres darán un paseo en barca pola Ría de Ribadeo e acudirán ao Museo da Auga en Alfoz.

Sociedade