O programa formativo 'Audiovisual nas aulas 2009' inclúe a dobraxe na súa sexta edición

O programa formativo 'Audiovisual nas aulas 2009' inclúe a dobraxe na súa sexta edición

03 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O programa formativo 'Audiovisual nas aulas 2009', que naceu co obxectivo de contribuir a un maior coñecemento deste ámbito entre o alumnado galego, abordará as técnicas da dobraxe para incidir na normalización lingüística durante a celebración da súa sexta edición.

En total serán seis os centros educativos que tratarán esta modalidade do audiovisual entre os 40 participantes, según comentou esta mañá en rolda de prensa o coordinador desta iniciativa, Miguel Anxo Fernández, que destacou a inclusión de esta novidade xunto coas fases de iniciación ao audiovisual, á televisión, á animación e ás novas tecnoloxías. Durante este acto de presentación, a conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, recalcou na necesidade de adquirir e difundir estas técnicas e coñecementos entre o alumnado para a comprensión da realidade e coma unha nova maneira de entender o mundo. Neste sentido, situou ao cine e á producción audiovisual como a orixe dunha bagaxe cultural amplia e como unha maneira de transmitir valores, situacións e coñecer a importancia de expresar e compartir sentimentos. Por iso, Sánchez Piñón sinalou a "importancia" da súa aprendizaxe entre o alumnado para trasladar a capacidade e os instrumentos necesarios para que poidan realizar creacións innovadoras e tan necesarias dende Galicia. O director xeral do Consorcio Audiovisual, Nacho Varela, afirmou que as pantallas conforman sociolóxicamente o futuro da sociedae, e considerou imprescindible a dotación dunha alfabetización básica neste campo. Entre as experiencias do alumnado, destacaron a creación de programas de televisión, animacións de plastilina e diversas actividades relacionadas coas novas tecnoloxías.
Institucional