O protocolo de actuación pola gripe A nos colexios activarase cando haxa un 15% de ausencias nun centro

O protocolo de actuación pola gripe A nos colexios activarase cando haxa un 15% de ausencias nun centro

26 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, e a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, mantiveron hoxe, no edificio administrativo de San Caetano, unha xuntanza de traballo na que abordaron as medidas a adoptar nos centros escolares galegos por mor da pandemia de gripe A. Á reunión asistiu tamén o xerente do Consorcio Galego de servizos de Igualdade e Benestar, Roberto Rodrígu

Así mesmo, a Consellería habilitará un número de teléfono e unha centraliña de información para atender todas as dúbidas sobre Gripe A dos centros educativos e a través do cal se proporcionará información específica sobre medidas de prevención e actuación ante posibles casos.

Jesús Vázquez asistirá o día 1de setembro á Conferencia de Educación onde se pactarán a nivel nacional as diferentes medidas de actuación e prevención ante a gripe A para o colectivo escolar. Nos días posteriores, manterá encontros con todos os axentes educativos para trasladarlles estes acordos. Así, a Consellería reunirase o día 2 cos inspectores e cos sindicatos, o día 3 coa xunta autonómica de directores e o día 4 coas confederacións de pais e nais de alumnos CONFAPA e CONGAPA.

Ademais de todo o antedito, a Consellería de Sanidade ten en marcha, dende o pasado día 29 xullo, dentro do portal web www.sergas.es/gripe, un apartado específico para os centros educativos, con recomendacións para os pais e nais e para os nenos e nenas en idade escolar.

En canto a posibles medidas de vacinación, o goberno galego está á espera do que indique o Ministerio de Educación en canto a cal é a poboación de risco que se debe vacinar, a dispoñibilidade das vacinas e as súas características. Ata entón, toda cifra que se ofreza será estimativa.

Institucional